"Abello" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

    1. Incitar a alguén.

    2. Anoxar a alguén mediante feitos ou ditos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Insecto himenóptero do xénero Bombus, semellante á abella pero máis grande (pode acadar os 3 cm), de voo ruidoso, co corpo robusto e moi peludo, de cores escuras ou claras e raiadas. Moi frecuente en todos os países temperados, vive en sociedades anuais non moi numerosas (50-200 individuos), en niños no chan construídos con brións, herbas e follas.

      2. abellón cuco /

        Abellón do xénero Psithyrus, parasito doutros abellóns aos que se semella; penetra nos seus niños, mata a raíña e deposita os propios ovos no lugar dos orixinais.

      3. abellón tinto /

        Abellón do xénero Xylocopa de corpo e ás de cor violácea intensa.

    1. Nome para designar o macho da abella doméstica.

      1. As bruxas en Galicia fan uso da capacidade de transmutación que, entre outras cousas, as caracteriza para se transformar en abellón e poder danar os animais caseiros. Esta crenza fornece ditos como “quen mata un abellón ten cen anos de perdón”.

      2. danza do abellón

        Ritual funerario, segundo semella só das Rías Baixas e hoxe en día desaparecido, que consistía en bailar ao redor do leito dun defunto durante o velatorio, tralo xantar ofrecido polos parentes. Os danzantes, collidos das mans, daban tres voltas ao redor do morto mentres imitaban o zunido do abellón; se algún deles interrompía calquera destas accións, sería o primeiro dos presentes en morrer. Este ritual semella estar representado plasticamente nas ‘danzas da morte’ dos tímpanos das igrexas románicas, onde se ve un esqueleto tocando un instrumento e dúas ou máis persoas en actitude de baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao neno moi inquieto e traste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘canteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caldo moi mesto de castañas cocidas.

    2. Masa semilíquida que procede das amoras ou outras froitas ao ser espremidas, que se emprega para facer doces.

    3. Caldo do día anterior, sen garula, sobre o que se facían as papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Carabobo, Venezuela, situada á beira do Mar Caribe (172.449 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘caldo’.

    VER O DETALLE DO TERMO