"Abesana" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

    1. Labor que consiste en facer sucos paralelos na terra co arado.

    2. Primeiro suco que se abre na terra ao comezar o traballo de labradío.

    3. Xugada ou parella de bois de labor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe aparecida o 12 de outubro de 1990 e subtitulada “Revista galega da Expo´92”. Estivo dirixida por Xavier Navaza, os seus redactores-xefes foron: Alfonso Freire e Montse Castro. Entre as súas colaboracións están as de Marisol Vence, Elena Goyanes, Xavier Costa Clavell, Mariño Ferro, Carlos Villanueva e Luís Mariño. Os responsables da súa fotografía foron: Xurxo Lobato, Lalo Villar, Tono Arias e Alberto Novoa. G. Carro e Quesada tratan o humor. Nas diversas seccións como “Quinto Centenario”, “Xacobeo 93”, “Música”, “Moda” e “Letras” tratáronse novas sobre o Pavillón de Galicia na Expo de 1992 e o Ano Santo Compostelán 1993, promocionando a imaxe de Galicia. E mesmo se editou un exemplar-resumo da revista en inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO