"Abilene" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Texas, nos EE UU, ao O de Dallas (106.650 h [1990]). É un núcleo agrícola, gandeiro e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión do Antilíbano, ao NO de Damasco, que ten por capital Abila. No ano 34 a C desmembrouse de Iturea. Ao inicio da era cristiá estaba gobernada por Lisanias. No 37 d C pasou ás mans do rei Agripa I Herodes. O Emperador romano Claudio deixoulla a Agripa II Herodes (53-100 d C). Finalmente incorporouse á provincia romana de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede de telecomunicacións que une Nova York e Seattle e coa que comezou a probarse de xeito experimental a Internet 2. Tratábase dunha iniciativa posta en marcha nos EE UU para probar tecnoloxías máis avanzadas de transmisión de información ca as empregadas na Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO