"Acebedo" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
MONTES
Monte que marca o límite entre os concellos de Outeiro de Rei e Lugo (594 m alt).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Castro de Rei do concello de Paradela (816 m alt).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acevedo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.
-
PERSOEIRO
Pintor. Probablemente foi discípulo de Bartolomeo Carducci (chamado Carducho) en Madrid. Pintou cadros para a igrexa da Mercede en Murcia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro asentado en Mondoñedo. No ano 1739 fixo una lámpada de prata de cinco luces para a capela Maior de Mondoñedo e varias pezas litúrxicas para o cabido catedralicio mindoniense.
VER O DETALLE DO TERMO