"Adamauá" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión fisiográfica e histórica do Sudán, dividida entre o Camerún e Nixeria. Penichaira granítica, polo NO queda cortada pola fosa tectónica do Benué. O antigo país de Foumbina, ao redor do alto Benué, conquistado polos fulbo nos primeiros anos do s XIX, recibiu o nome de Adamaua do seu unificador (1805), Adama Hassani Ba. A partir de 1900, o país foi explorado polos británicos, os alemáns e os franceses. A rexión foi repartida entre os aliados (Francia e Gran Bretaña) despois da Primeira Guerra Mundial permanecendo esta división logo da independencia (a parte francesa no Camerún e a parte británica en Nixeria).
-
-
Relativo ou pertencente ás linguas do grupo adamaua-ubanguiano.
-
Grupo de linguas da familia níxero-congolesa. É coñecido tamén como adamaua-oriental. Non é doado establecer unha clasificación definitiva malia que o sistema de sufixos do subgrupo adamaua e de prefixos do subgrupo ubanguiano semellan probar o parentesco cos outros grupos da póla.
-