"Adelaida" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Antropónimo procedente do xermánico Adelheid formado por athala- ‘nobre’ e -heid ‘calidade, condición’. Outras variantes deste nome son Adelaira e Delaira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Francia. Viúva de Luís o Balbo. O Papa Xoán VIII non lle recoñeceu o título real porque Luís repudiara a súa primeira esposa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla do Rei Rodolfo II da Borgoña. Casou en 947 con Lotario II, Rei de Italia e Emperador de Alemaña. Dous anos despois da   morte deste (949), casou con Otón o Grande de Alemaña. Foi coroada Emperatriz no ano 962 e rexeu o reino durante a minoridade de idade dos seus fillos Otón II e Otón III. Na vellez volveu para a Alsacia e fundou numerosos mosteiros e conventos como o de Selz, preto de Estrasburgo. A súa festa celébrase o 16 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Chartres e posteriormente duquesa de Orleans. Filla de Luís de Borbón, duque de Penthièvre, muller de Luís Filipe Xosé de Orleans e nai do Rei Luís Filipe I de Francia. Presidiu a anticorte parisiense do Palais Royal. Encarcerada en 1793, o Directorio deportouna (1797). Exiliada, viviu na Jonquera, Figueres (1797 e 1801-1808), en Escala, Sarriá (1797-1801), onde creou un pequeno salón literario e político, e en Palermo e Maó (1809 e 1811-1814) ata que puxo fin ao exilio trala caída do Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Da súa produción destacan Archipiélago (Premio Sésamo 1981), El Sur (1985), Bene (1985), El silencio de las sirenas (Premio Herralde 1985 e Premio Ícaro), La lógica del vampiro (1990), Mujeres solas (1996) e El secreto de Elisa (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da rexión de Magallanes e Antártica Chilena, Chile, situado no Océano Pacífico entre os estreitos de Magallanes, ao S, e o de Nelson, ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO