"Adige" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • RIOS

    Río de Italia, o segundo en lonxitude (410 Km). Próximo ao Tirol do Sur, ao S do paso de Resia (ou Reschenscheidck), pasa polo Trentino e, desde Verona ata a súa desembocadura ao S de Chioggia, drena unha chaira fértil de economía agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome italiano do Tirol do Sur, actualmente parte da rexión administrativa italiana do Trentino-Alto Adige.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa do N de Italia, situada entre Lombardia ao O e ao SO, o cantón suízo de Graubünden ao O, Véneto ao SL e L, e o Tirol austríaco ao N (13.607 km2; 937.107 h [2001]). A súa capital é Trento. A base da súa economía é a agricultura, que se limita ás zonas baixas e chairas. O principal cultivo son as maceiras, seguidas das patacas e a vide. A actividade industrial é escasa, e sobresaen a metalurxia e a maquinaria. O territorio corresponde á rexión da Venecia tridentina creada despois da Primeira Guerra Mundial, que en 1948 se converteu en rexión autónoma cun estatuto especial e un parlamento. Os conflitos entre as dúas poboacións (italianos e alemáns) só tiveron unha certa tregua a raíz das concesións do parlamento italiano para Tirol do Sur en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO