"Albarracín" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Teruel, Aragón, ao pé da serra de Albarracín e na beira do río Guadalaviar (1.061 h [1996]). Neste concello atópanse unha serie de abeiros rochosos pintados no estilo neolítico chamado ‘arte rupestre levantina’; salientan as representacións de touros de gran tamaño, de escenas de caza e de danzas femininas. Cidade romana, cabeza do reino musulmán da Taifa de Albarracín e do bispado. Conserva murallas árabes de comezos do s XI, reformadas no XIV. Arquitectonicamente destaca a igrexa de Santa María (s XVI). O tesouro da catedral do Salvador (s XIII) posúe unha colección de tapices de Bruxelas (s XVII) e ourivería de épocas diversas. A cidade foi declarada Monumento Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Macizo da Península Ibérica, que forma parte do Sistema Ibérico. Culmina no pico Caimodorro (1.921 m), e separa os vales do Guadalaviar e o Xúcar. Trátase dun nó hidrográfico importante (Texo, Xúcar, Guadalaviar, Xiloca). Ten carballos de folla pequena e aciñeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno reino de taifa constituído no s XI ao redor da cidade de Albarracín, no S de Teruel, O de Jérica e Segorbe e N da Taifa de Alpont; a capital quedaba no extremo SO do seu territorio. A finais do s X dominaba a rexión a familia bérber dos Banū Razīn, que lle deron o nome: Hu ḏ ayl ibn Halaf ibn Razīn (1012-1045) foi o conformador da taifa. O Cid fíxoa tributaria (1069) na loita con ‘Abd al-Malik ibn Hu ḏ ayl (1043-1103). A rápida decadencia almorávide perante o pulo almohade fixo que, a pesar da subxección, Albarracín continuase a manter unha certa personalidade política. Na segunda metade do s XII dependía aínda de Ibn Mardaniš (1152-1172) de València. A actividade construtora dos Banū Razīn amósase na sólida muralla.