"Alburquerque" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, nos Baldíos de Alburquerque (5.780 h [1996]). Agricultura mediterránea (cereal, oliveira e vide) e explotación de cortiza. Conquistada por Fernando II en 1166. Enrique IV entregoulla á Orde de Santiago en 1464. Entre 1703 e 1715 estivo baixo soberanía portuguesa. A vila, murada, está dominada por un castelo; son de interese as igrexas de Santa María (s Xlll) e de San Mateo (s XVll).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título de Castela que no 1373 lle foi concedido como condado a Sancho de Castela, irmán de Enrique ll, a quen sucedeu a súa filla Leonor de Alburquerque, dona de Fernando de Antequera. O terceiro conde foi o seu fillo Enrique de Aragón a quen lle confiscaron o título no 1445, incorporándoo de novo á Coroa de Castela. No 1464, foi outorgado novamente como ducado ao Gran Privado Beltrán de la Cueva y Afonso de Mercado. O sétimo duque, Francisco Fernández de la Cueva y de la Cueva, foi lugartenente de Catalunya e Vicerrei de Sicilia. O título pasou no 1830 aos Osorio, marqueses de Alcañices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Adiantado Maior do Reino de Galicia na época do Rei Sancho IV de Castela. Apoiou o infante don Xoán, irmán do Rei, na procura da Coroa de Galicia e conseguiu liberalo cando estaba preso ao aliarse co Rei de Portugal don Denís e cos señores galegos fronte a don Sancho. O Rei perdooulle o seu acto de rebeldía, pero nun posterior alzamento a prol do infante fixo que acabara en prisión. Salvou a vida mercede á mediación da raíña María de Molina, parente súa e rexente trala morte de Sancho, e ao apoio da nobreza galega e leonesa. Despois de prestar xuramento de fidelidade a Fernando IV e non cumprilo, marchou a Portugal e entrou ao servizo do Rei don Denís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón (1412-1416), filla do conde Sancho e sobriña de Enrique II de Castela. Tiña un extenso patrimonio en La Rioja, na rexión do Baixo Tormes e Extremadura. Casou con Fernando de Antequera (1393), fillo de Xoán I de Castela e contribuíu coa súa riqueza a que o seu home fose elixido rei de Aragón no Compromiso de Caspe (1412). Cando enviuvou (1416), retirouse a Castela, e mediou nos conflitos que mantiñan os seus fillos, infantes de Aragón, con Xoán II de Castela, polo que as súas posesións foron entregadas finalmente a Álvaro de Luna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán xeneral de Castela-A Mancha, axudou a E. Castelar e en 1874, coñecedor da derrota deste nas Cortes, entrou e disolveunas, co que rematou coa Primeira República Española. Foi capitán xeneral de Catalunya (1880-1881) e novamente de Castela-A Mancha (1885-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO