"Alcúdia" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
MUNICIPIOS
Municipio do NL de Mallorca, nas Illes Balears (10.284 h [1996]). Cultivos de secaño. Produción de electricidade e planta embotelladora de butano. Turismo (elevado número de hoteis e urbanizacións residenciais). Situado preto da cidade romana de Pollentia, fundada no 123 a C, a orixe da cidade provén da conquista de Xaime I (1229). Dentro do termo encóntrase a cova paleocristiá de Santmartí e a igrexa de Santa Aina (s XIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
’ Municipio da provincia de València, á esquerda do Xúcar (10.511 h [1996]). Laranxeiras e horta. Gandería bovina e ovino. Industria de conxelados, maquinaria e mobles. Igrexa neoclásica de Santo Andrés. Despois da conquista de Xaime I repoboárona os cristiáns.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de València (4.185 h [1996]). Drenado polo río dos Sants. Laranxeiras, figueiras, millo, trigo, cacahuetes, patacas, algodón, oliveiras e alfarrobeiras. Industria téxtil, papeleira, materiais de construción e conservas de froitas. Antigo casarío de orixe islámica. Pazo señorial e igrexa do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión sinclinal da Península Ibérica, ao S da provincia de Ciudad Real, flanqueada polas serras de Alcudia e drenada polos ríos Alcudia e Montoro. A máxima altitude atópase no pico Morrón de la Plaza (1.166 m). Aprovéitase como abeiro invernal dos rabaños trashumantes de Castela.