"Alciona" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Filla de Eolo e muller de Cexo, Rei de Tracia, fillo da estrela da alba. Cexo, movido por malos augurios e despois de consultar o oráculo de Apolo, decidiu embarcar a pesar da desesperación de Alciona. Despois de varios meses sen ver o seu esposo, consultou a deusa Xuno sobre a súa sorte; a través do sono, Xuno reveloulle que Cexo morrera afogado. Alciona triste e desesperada botouse ao mar dende o mesmo lugar de onde partira o seu home. Compadecida ante un amor tan profundo, Tetis metarfoseounos en alcións e os deuses decidiron para protexelos que o vento e as ondas se calmasen nos días máis curtos do ano, época na que estes paxaros incuban os ovos. A súa fidelidade foi, segundo Ovidio e Virxilio, modelo de amor conxugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde dos alcionáceos.

    2. Pólipo da orde dos alcionáceos.

    3. Orde de alcionarios que comprende pólipos de consistencia branda, co esqueleto pouco desenvolvido, que viven en fondos de areas litorais, e forman colonias xeralmente eréctiles; algunhas especies son abisais. Os principais representantes deste grupo pertencen ao xénero Alcyonium.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde dos alcionarios.

    2. Pólipo da subclase dos alcionarios.

    3. Subclase de antozoos, formada por pólipos que se caracterizan por teren oito septos que dividen a cavidade gastrular e oito tentáculos dispostos nunha coroa plumosa. A coloración varía: poden ser brancos ou de cores vivas. Os pólipos viven solitarios ou ben forman colonias, que presentan formas moi diversas. As cavidades gástricas dos individuos da colonia están en comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO