"Alcmeon" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filla de Anfiárao e Erifila, irmá de Adrasto, Rei de Argos. Á volta de dirixir a expedición dos Epígonos contra Tebas, á que fora obrigado por Erifila, deulle morte a esta, polo que foi perseguido polos Erinias.
-
PERSOEIRO
Médico grego da escola de Pitágoras. O máis importante de entre os anteriores a Hipócrates, tentou conxugar o razoamento filosófico coa observación dos enfermos e a experimentación nos animais. Atribúeselle o descubrimento dos nervios ópticos, das trompas de Eustaquio e da distinción entre veas e arterias, que cría que conducían aire.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos alcmeónidas.
-
Familia aristocrática ateniense orixinaria de Mesenia que se asentou en Atenas despois do sinecismo. Contra o 630, Megacles, membro da familia, fixo matar os implicados na revolta de Cilón e a familia foi expulsada de Atenas, por orde de Solón, para evitar a guerra civil. Dende Esparta, loitaron contra os Pisistrátidas; levaron o exército de Cleómenes a Ática e destronárono. O alcmeónida Clístenes fixo reformas democráticas. Pericles e Alcibíades pertencen a esta familia.
-