"Alcor" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela da constelación da Osa Maior, situada preto de Mizar. É binaria e ten magnitude 4,2. Está a unha distancia de 80 anos luz.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Castelló de la Plana (8.662 h [1996]). Na cunca baixa do río Lucena. Gando ovino e caprino. Trigo, oliveiras, alfarrobeiras e vide. Cerámica e porcelana, actividade tradicional de Alcora, de xeito industrial dende 1727. No 1632 foi fundado alí un convento franciscano, desafectado e derrubado na primeira metade do s XlX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro sagrado dos musulmáns que inclúe a predicación de Mahoma. O nome árabe qur’an provén da raíz siria qryn, que significa lectura en voz alta. Tamén se chama furqan (discriminación entre o ben e o mal), dikr (amoestación), huda (guía), etc. O texto árabe actual do Alcorán é o resultado dunha longa elaboración. O dutus consonántico do texto determinouse na época de Utman (644-655); a súa vocalización, non obstante, é posterior. Consta de 114 suras ou capítulos, ordenadas segundo a súa extensión, agás a primeira (fatiha, que abre o libro). Cada sura contén un número de versículos (ayat) que oscila entre 3 e 286. Tamén hai outras divisións de carácter litúrxico, melódico, etc. Todas as suras, agás a novena, comezan coa frase chamada Basmala: “No nome de Deus, o Clemente, o Misericordioso”. A pesar da cuestión insoluble sobre a procedencia real de cada sura, as que están inspiradas na Meca adoitan ser máis concisas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Alcorán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutor ou expositor do Alcorán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate sostido preto de Huesca no 1096, por Pedro I de Aragón e polo seu irmán, o futuro Afonso I, contra o Rei mouro de Zaragoza al-Musta´in e o seu aliado o conde de Nájera, García Ordóñez. O motivo do enfrontamento foi o sitio de Huesca por Pedro I, que conquistou a cidade.
-
ESPA¥A
Concello da Comunidad Autónoma de Madrid, ao O da capital (141.465 h [1996]). Centro industrial e residencial dos arredores de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Teruel, Aragón, situado ao pé da serra de Molinos, regado polo Guadalopillo e o Alchoza (3.316 h [1996]). Mercado comarcal agrícola (cereais, oliveiras, vide, árbores froiteiras). No termo está o pantano de Galipuen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador, actor e guionista cinematográfico estremeño. Exiliouse en México no 1939. Colaborou con Luis Buñuel. Realizou: Tiburoneros (1962), Mecánica nacional (1971), Terror y encajes negros (1986) e Lo que importa es vivir (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mecanismo empregado para suxeitar a cabeza da vaca a unha pata cando non se deixa muxir, quedando deste xeito inmobilizada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘alpargata’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘alpargateira’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘alpargatería’.
-
PERSOEIRO
Avogado e político arxentino. De tendencia liberal, foi deputado, senador, ministro de Goberno e de Facenda (1889) e gobernador da súa provincia (1895). Vicepresidente da República desde 1904, asumiu a presidencia entre 1906 e 1910.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situada ao NL da capital provincial (16.821 h [2001]). É un centro agrícola con cultivos de cereais, árbores frutais e algodón, e un mercado gandeiro, principalmente cabalar. As industrias son derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en El Condado, ao SL do pantano de Corumbel Bajo (3.510 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao NL da capital provincial (16.333 h [2001]). É un núcleo agrícola e avícola.
VER O DETALLE DO TERMO