"Alcora" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Castelló de la Plana (8.662 h [1996]). Na cunca baixa do río Lucena. Gando ovino e caprino. Trigo, oliveiras, alfarrobeiras e vide. Cerámica e porcelana, actividade tradicional de Alcora, de xeito industrial dende 1727. No 1632 foi fundado alí un convento franciscano, desafectado e derrubado na primeira metade do s XlX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro sagrado dos musulmáns que inclúe a predicación de Mahoma. O nome árabe qur’an provén da raíz siria qryn, que significa lectura en voz alta. Tamén se chama furqan (discriminación entre o ben e o mal), dikr (amoestación), huda (guía), etc. O texto árabe actual do Alcorán é o resultado dunha longa elaboración. O dutus consonántico do texto determinouse na época de Utman (644-655); a súa vocalización, non obstante, é posterior. Consta de 114 suras ou capítulos, ordenadas segundo a súa extensión, agás a primeira (fatiha, que abre o libro). Cada sura contén un número de versículos (ayat) que oscila entre 3 e 286. Tamén hai outras divisións de carácter litúrxico, melódico, etc. Todas as suras, agás a novena, comezan coa frase chamada Basmala: “No nome de Deus, o Clemente, o Misericordioso”. A pesar da cuestión insoluble sobre a procedencia real de cada sura, as que están inspiradas na Meca adoitan ser máis concisas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Alcorán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutor ou expositor do Alcorán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate sostido preto de Huesca no 1096, por Pedro I de Aragón e polo seu irmán, o futuro Afonso I, contra o Rei mouro de Zaragoza al-Musta´in e o seu aliado o conde de Nájera, García Ordóñez. O motivo do enfrontamento foi o sitio de Huesca por Pedro I, que conquistou a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO