"Alexandre" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 107.

  • PERSOEIRO

    Biólogo mariño. Fillo de Jean Louis Rodolphe Agassiz. Fundou a estación zoolóxica de Newport (Rhode-Island, EE UU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • L´Ouvrier (Bury, Oise 1815 - Mello, Oise 1895) Obreiro mecánico francés, revolucionario e seguidor de Blanc. Fundou o periódico L’ Atélier (1840). Participou na Revolución do 1848, foi integrante do Goberno Provisional e logo Presidente da Asemblea Nacional. Foi deportado, pero Napoleón III concedeulle a amnistía (1859). No 1871 participou na Comuna de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (? 356 - Babilonia 323 a C) Rei de Macedonia (336-323), fillo do Rei Filipo de Macedonia e de Olimpia, a súa dona. Foi educado por Aristóteles. No 340 a C o seu pai noméao rexente. No 338 comandou a cabalería macedónica na Batalla de Queronea. Cando herdou o reino, rebelóuselle a Grecia sometida por Filipo, pero Alexandre conquistou e destruíu Tebas e fíxose nomear Xeneral en Xefe dos exércitos gregos e principiando a guerra contra Persia para recuperar as colonias gregas de Xonia (Asia Menor). No 334 pasou o Helesponto e principiou a conquista da costa de Asia Menor. A primeira batalla foi no río Granico, vitoria que lle permitiu liberar as satrapías de Xonia e Lidia. Tomou logo Frixia e a súa capital, Gordion, onde cortou o nó gordiano (segundo a lenda, quen o desenleara sería o amo de Asia). Conquistou Cilicia e atravesou o monte Tauro. O exército persa agardouno en Siria e deulle combate en Issos (333), batalla que foi unha gran desfeita para os persas, na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundado en maio de 1990 por Marcos Valcárcel. Está presidido por César Ansias, e contribúe á dinamización da vida cultural ourensá colaborando con outras asociacións a prol da normalización cultural e lingüística do país. Organiza encontros de escritores, homenaxes a persoeiros destacados da cultura ourensá, debates, exposicións de libros, fotografía e caricatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 3 de abril de 1992 e declarada de interese cultural galego. Está presidida por Fernando Quintela Novoa e actúa como secretario Xosé Castro Ratón. Entre os seus obxectivos destacan o seu interese pola promoción e defensa da cultura e da lingua galega, e do galeguismo. Para iso organizan conferencias, seminarios e actos de homenaxe a políticos e intelectuais galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    O Eséxeta (Afrodisia s II - III d C) Filósofo e matemático grego discípulo de Herminio e de Arsitocles de Messina. Ocupou entre o 198 e 211 a cátedra peripatética de Atenas. Destacou polos seus comentarios a Aristóteles, especialmente un que fixo á súa Metafísica, que influíron ata o Renacemento e orixinaron unha nova corrente dentro do aristotelismo: o alexandrismo, segundo o cal só o entendemento activo é separado e inmortal, a diferenza do pasivo (a alma individual). No seu Tratado sobre o destino e o libre albedrío combatía o fatalismo estoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Alexandre de París (ss XII - XIII) Poeta francés. Interveu na elaboración do Roman d´Alexandre, da que reescribiu a primeira parte, uniu a cuarta desas partes -na que se trata a morte do protagonista- e traballou sobre o resto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo inglés. Mestre de Bonaventura na Universidade de París; fíxose franciscano (1231) e inspirouse filosoficamente en fontes agustinianas pero tamén aristotélicas. Foi coautor dunha Summa universae theologiae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico bizantino, o máis importante da súa época. É o autor de Biblíon Therapeutikón en 12 libros, que resume os coñecementos da patoloxía e da terapéutica coñecidos daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo escolástico, escritor, profesor de gramática e franciscano. Autor do Doctrinale Puerorum (1209), onde expón toda a gramática latina en 2.645 versos hexámetros, que serviron para ensinar a gramática durante 300 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da Antártida occidental, no mar Bellingshausen, separada da terra de Graham polo estreito Rei Xurxo VI. Foi descuberta en 1821 por Bellingshausen. Pertence ao territorio antártico baixo soberanía británica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro príncipe de Bulgaria (1879-1887), fillo de Alexandre de Hessen-Darmstadt. Príncipe de Battenberg, en 1879 foi elixido polo Parlamento búlgaro. Restaurou a Constitución do 1879 e favoreceu os partidos políticos. Ao se producir o levantamento nacionalista de Rumelia oriental (1855) o príncipe aceptou a oferta dos rumelianos dunha unión persoal dos dous principados búlgaros; isto non agradou a Rusia, Serbia e Grecia. En 1886, Alexandre derrotou os serbios en Slivnica e en Pirot e impúxolles o Tratado de Bucarest. Unha conxuración militar obrigouno a abdicar e a saír de Bulgaria. Volveu ocupar o trono e volveu abdicar en 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1917-1920), fillo de Constantino I, a quen sucedeu cando foi deposto polos aliados (1917). Nomeou Primeiro Ministro a Venizelos e aprobou a entrada de Grecia na Primeira Guerra Mundial. Polos tratados de Neuilly (1919) con Bulgaria e de Sevres (1920) con Turquía, Grecia aumentou o seu territorio. Mustafá Kemal non aceptou este último tratado e principiou a guerra contra Turquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Iugoslavia (1921-1934), fillo de Pedro I Karadjordjevic de Serbia. Na Primeira Guerra Mundial loitou contra Austria-Hungría. No 1921 converteuse en Rei do novo reino de serbios, croatas e eslovenos. Promulgou unha constitución que favorecía a Serbia, o que provocou enfrontamentos entre serbios (centralistas) e croatas (federalistas), que culminaron no 1928 co asasinato do líder croata Radic. O Rei aproveitou a situación para implantar un réxime ditatorial (1929). Ese mesmo ano cambiou o nome do reino polo de Iugoslavia e aboliu as unidades históricas. No exterior cooperou cos checos e cos romaneses no Pequeno Acordo e mantivo relacións cos outros estados balcánicos. Morreu nun atentado perpretado por nacionalistas croatas. Sucedeuno o seu fillo Pedro II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1501-1506). Da liñaxe real dos Jagiello, era fillo de Casimiro IV. Foi Gran Duque de Lituania (1492-1506), país que se uniu a Polonia. Concedeulle á nobreza o privilexio segundo o cal o rei non podía promulgar ningunha lei sen o consentemento da Asemblea Lexislativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1801-1825). Participou no asasinato do seu pai, Paulo I e iniciou unha política constitucionalista e ilustrada (Consello de Ministros, reforma do ensino, etc). No 1805 entrou na terceira coalición contra Francia, pero os seus exércitos foron derrotados en Austerlitz (1805), Eylau e Friedland (1807); firmou a paz en Tilsit (xuño 1807) e en Erfurt (outubro 1808), comprometéndose a manter o bloqueo contra Gran Bretaña e a loitar contra Austria. Continuou a guerra contra Turquía, interveu en Persia (1808) e ocupou Finlandia (1809). Violou os acordos de Erfurt ante a ameaza do imperialismo francés. A campaña de Rusia, que parecía un grande éxito francés, acabou nunha desfeita. En 1813 o Tsar foi proclamado “campión” da Europa unida contra Napoleón: venceuno en Leipzig (1813) e entrou en París (1814). No Congreso de Viena opúxose a Metternich e propugnou unha especie de statu quo ante, que tivo éxito despois dos Cen Días de Waterloo (1815). A etapa pietista do seu goberno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1889-1903), fillo e sucesor de Milan I de Serbia, que abdicou. Ao chegar á maioría de idade (1893), anulou a Constitución do 1888 e intentou fortalecer o absolutismo, pero chocou coa oposición popular. Foi asasinado por un grupo de oficiais dirixido por Dmitrijevic. Foi tamén o derradeiro representante da dinastía Obrenovic e sucedeuno Pedro I de Serbia, da dinastía Karadjordjevic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (105-115) que morreu decapitado na persecución do Emperador Adriano. A súa festa celébrase o 3 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    De nome Anselmo de Baggio e de orixe milanesa. Foi elixido Papa (1061-1073) e escolleu como conselleiros a Pedro Damián e Hildebrando. Tivo que se enfrontar co Antipapa Honorio II. Promoveu as primeiras cruzadas -denominadas precruzadas- contra os árabes en Sicilia e en terras catalanas, para tomar Barbastro (1064), sen grande éxito, xa que a cidade volveu a mans de Mudáffar de Lleida no ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1855-1881). Sucedeu a Nicolao I e puxo fin á Guerra de Crimea (1856). Tentou unha tímida liberalización que repercutiu nos feitos posteriores de Rusia. No 1861 liberou os servos e expropiou os nobres; a reforma realizouse utilizando institucións tradicionais como o mir. Realizou reformas na administración: creación de asembleas locais (zemstvo), reforma da xustiza, modificación do ensino e institución do servizo militar obrigatorio (1874). Coa insurrección de Polonia e o intento de rusificar o país, acabou o período de reformas. A nobreza polaca foi considerada responsable da insurrección e en Polonia as terras foron repartidas entre os campesiños. A política exterior de Gorcakov baseouse no paneslavismo. Dende 1859 os rusos atacaron o Cáucaso e conquistaron o Daguestán, para comezar as exploracións petroleiras de Bakú. No 1860 foi fundada Vladivostok e comezou a conquista do Turkestán. A causa do fracaso das reformas e da política paneslavista, desenvolveuse...

    VER O DETALLE DO TERMO