"Alexandre III" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Chamado Ronaldo Bandinelli, foi Papa dende 1159 a 1181. Xurista recoñecido (do que se conservan os Stromata, comentarios ao Decretum Gratiani), cando era Cardeal defendeu a autoridade do papa por riba do emperador, actitude frecuente entre a xerarquía eclesiástica do século XII xa defendida por Xelmírez. Por este motivo, Federico Barbarrubia opuxo á súa elección pontificia tres antipapas, dos que o máis importante foi Víctor IV. Despois dunha serie de incidentes, Alexandre III exiliouse en Francia; percorreu toda a Lombardía e despois de dezaoito anos de loita venceu, xuntamente coa Liga Lombarda de cidades, a Barbarrubia en Legnano (1176) e obrigouno a asinar a paz en Venecia (1177). Tivo dificultades graves con Enrique II Plantagenet de Inglaterra polo asasinato do Arcebispo Tomas Becket, que canonizou (1173). Chegado a Roma, o Antipapa Calixto III tivo que someterse a el. En 1179 reuniu o Concilio de Letrán (XI ecuménico), que regula a elección pontificia e reprimiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1881-1894), segundo fillo de Alexandre II. En 1886 casou con Dagmar (María Fiodorovna), filla de Cristián IX de Dinamarca. Inaugurou unha etapa de afastamento de Europa, de intransixente autocracia e renunciou a toda reforma política e social. A prensa foi controlada (1881) e as universidades perderon a súa autonomía (1884). Desde 1887 obstaculizouse o acceso á escola das clases inferiores. Alexandre seguiu a política de rusificación (en Polonia, en Finlandia e nas provincias do Báltico) e proseguiu a expansión de Rusia cara a Asia Central. Completou a conquista do Turquestán, do oasis de Merv (1884) e das rexións de Fergana e Pamir (1893). Construíu o ferrocarril transcaspiano (1883-1886) e comezou o transiberiano (1891-1904). Continuou na Liga dos Tres Emperadores (1881) e asinou con Bismarck unha alianza xermano-rusa no 1887.
VER O DETALLE DO TERMO