"Alföld" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Nome dado á chaira de Hungría que abrangue a maior parte do país ao N de Iugoslavia e de Romanía e ao L de Croacia. Afundida no Terciario, foi un mar interior, posteriormente recuberto por unha capa de aluvións. Os areeiros alternan coas arxilas e outros sedimentos que proveñen de limos aluviais. A cordilleira dos Bakony atravésaa oblicuamente ao NO, separando o Kisalföld, pequena chaira occidental, do Nagy Magyar Alföld, gran planicie que ocupa máis da metade oriental de Hungría. O Danubio comunica as dúas chairas abríndose paso ao N da serra de Pilis cos seus afluentes, especialmente o Tisza, tamén de dirección N-S, drena a rexión formando numerosos meandros e coas súas crecidas ocasiona inundacións periódicas. O solo fértil, xunto ao clima seco (chuvias moi irregulares, inferiores aos 600 mm anuais), determinan que sexa unha rexión eminentemente cerealista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo estadounidense de orixe húngara. As súas obras estiveron dedicadas á crise do Baixo Imperio, en Studies in the World Crisis of Third Century A&D (1934-1935), ás provincias romanas dos Balcáns, Daci et Romain in Transilvania (1940) e a outros temas, fundamentalmente en relación coa historia antiga de Roma, como a History of the Primitive Rome (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Hungría, situada na chaira do río Rába, entre os contrafortes orientais dos Alpes e das montañas Bakony. A capital é Györ.

    VER O DETALLE DO TERMO