"Algeciras" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, na costa occidental da badía de Algeciras, fronte ao Peñón de Xibraltar (101.907 h [1996]). Núcleo industrial, é un importante centro portuario. O seu porto é o primeiro do estado en número de pasaxeiros e mercadorías. O porto aproveita a illa Verde, a 2.300 m do litoral, para constituír un abeiro axeitado para os buques. Hai unha refinería de petróleo. As orixes históricas remóntanse á colonia fenicia de Karteia e á romana Iulia Traduta. Logo fundaríase al-Yazīra, que foi capital dunha Taifa no s XI. Castelo de Tarifa, de construción árabe (rematado en 960), levantado sobre a torre de Guzmán o Bo. A súa función de porto de enlace entre Al-Andalus e o Magreb non decaeu coa conquista polos casteláns (1344) e persiste ata a actualidade. Comunícase co interior da Península por ferrocaril e autoestrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia celebrada na cidade de Algeciras, convocada polo Sultán de Marrocos a instancias de Francia e Alemaña, que denunciara as intencións monopolistas francesas sobre a economía marroquina. Estiveron representados Alemaña, Francia, Austria, Hungría, Bélxica, España, os EE UU, Italia, os Países Baixos, Portugal, Suecia e Marrocos. España deixou de lado a Gran Bretaña e Francia, conseguindo o recoñecemento dos seus dominios, o Rif, o control dos portos de Larraix, Tetuán e Tánxer (este compartido con Francia) e a participación na banca estatal marroquí. A ocupación de Casablanca por Francia no 1907 e o posterior establecemento do protectorado (1912) representou a fin dos acordos adoptados.