"Almanzor" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Nome co que se coñece a Abū ‘Amīr Muhammad ibn Abī ´Amīr al Man ṣ ūr, ḥ āğib (gobernador) de Córdoba. Descendente dunha familia árabe ienemí establecida no Al-Andalus dende a conquista, ocupou importantes cargos administrativos durante o Califato de al- Ḥ akam II, ata que foi nomeado titor de Hišam II (976). Coa axuda da nai do novo califa, illouno da política, eliminou o Mu ṣḥ afí e Galib e, nomeado ḥ āğib (978), converteuse no amo absoluto do poder de Córdoba. Emprendeu cincuenta e seis campañas vitoriosas en terras cristiás entre 977 e 1002. A expedición que lle deu máis gloria foi a realizada a Santiago de Compostela no ano 997, promovida pola oposición aristocrática que conspiraba contra o Rei galego Vermudo II e pensada como un castigo para o Rei, que non quixera satisfacer o pagamento dos tributos a Almanzor. Durante a campaña arrebatou Coimbra ao Reino de Galicia, saqueou León e Astorga,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Designación coa que se fixo coñecido o mourisco Carban, xefe da revolta dos mouriscos da serra de Espadán (1526).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Andalucía, na vertente mediterránea. Nace na serra de Baza, atravesa unha área semidesértica e rega o val de Almanzora, que se estende entre as serras dos Filabres e de Las Estancias. Desemboca nos Cerros Colorados logo de percorrer 105 km. Nel aflúen diversos torrentes, habitualmente secos, o que explica a irregularidade do seu caudal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, na desembocadura do río Almanzora (9.625 h [1996]). O termo municipal esténdese entre as serras de Almagro, ao NO, e de Almagrera, ao SL. A principal actividade económica é a agricultura, tanto de regadío (cereais e patacas) como de secaño (oliveiras). Ao NL da vila está o castro de Fuente Álamo, acrópole da cultura argárica datada entre o 2000 a C e o 1300 a C. Ademais, preto da desembocadura do Almanzora, localizáronse os xacementos prerromanos de Almizaraque e Villaricos. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o castelo do marqués de Los Vélez (s XVI) e a igrexa neoclásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Foi director do Centro de Documentación Europea e deputado no Congreso de los Diputados polo CDS (1986-1989). Publicou Estimación empírico bayesiana en un modelo econométrico de regresión lineal y su aplicación al estudo de la población en Galicia (1961-1975) (1978) e Representaciones gráficas de datos estadísticos (2000).
VER O DETALLE DO TERMO