"Almanzora" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
RIOS
Río de Andalucía, na vertente mediterránea. Nace na serra de Baza, atravesa unha área semidesértica e rega o val de Almanzora, que se estende entre as serras dos Filabres e de Las Estancias. Desemboca nos Cerros Colorados logo de percorrer 105 km. Nel aflúen diversos torrentes, habitualmente secos, o que explica a irregularidade do seu caudal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, na desembocadura do río Almanzora (9.625 h [1996]). O termo municipal esténdese entre as serras de Almagro, ao NO, e de Almagrera, ao SL. A principal actividade económica é a agricultura, tanto de regadío (cereais e patacas) como de secaño (oliveiras). Ao NL da vila está o castro de Fuente Álamo, acrópole da cultura argárica datada entre o 2000 a C e o 1300 a C. Ademais, preto da desembocadura do Almanzora, localizáronse os xacementos prerromanos de Almizaraque e Villaricos. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o castelo do marqués de Los Vélez (s XVI) e a igrexa neoclásica.
VER O DETALLE DO TERMO