"Almofrei" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
AFLUENTES
Afluente do Lérez pola esquerda. Nace no lugar de Fraguas, na parroquia de Caroi do concello de Cotobade, a 671 m de altitude. O seu curso vaise adaptando á tectónica; comeza cun sentido S-N para virar L-O primeiro e NL-SO ata a súa desembocadura. Pasa polas parroquias de Caroi, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, no concello de Cotobade, antes de chegar á parroquia de Bora, no concello de Pontevedra, onde desemboca no lugar de Ponte Bora. Drena unha cunca de 77,5 Km2con 26 km de lonxitude e aporta un caudal medio de 3,58 m3.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Almofrei na parroquia de Almofrei (Cotobade), conta cun único van de sillería con arco oxival apoiado nas rochas. Foi construída no s XVI e forma parte do camiño que conduce de Almofrei a Mirón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Almofrei na parroquia de Bora (Monteverde), conta cun único van de sillería con arco de medio punto rebaixado. Foi construída no s XIX e forma parte do camiño que conduce de Pontevedra a Ourense.