"Almonte" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
RIOS
Río de Extremadura, afluente do Texo pola marxe esquerda. Nace na serra de Guadalupe, flúe por un val encaixado e desemboca preto de Garovillas logo dun percorrido de 160 km. Recibe as augas do Garciaz, o Tamuja e o Guadiloba.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Huelva, Andalucía (16.264 h [1996]). O sector de costa pertence á comarca de Arenas Gordas, o interior ao Condado. Centro vinícola con industrias derivadas: adegas e destilerías. No termo está situada a ermida do Rocío, lugar de romaxe de toda a Andalucía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político mexicano. Foi ministro en diversas ocasións representando ao Partido Federalista ata que no 1850 formou parte do Partido Conservador. Dende o 1856 foi Embaixador en Londres e París. Volveu ao seu país no 1862, onde se proclamou Xefe Supremo da nación; mentres se agardaba a chegada de Maximiliano (1864) foi membro da Rexencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación do Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO