"Amalia" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • arias son as hipóteses que tentan explicar a orixe deste antropónimo. Uns opinan que se trata dunha forma hipocorística antiga do xermánico Amalberga, composto de amals ‘valente, incansable’ e bergan ‘protexer’; así, moitos nomes da familia real gótica levaban este primeiro elemento amal. Outros relaciónano co apelido romano Aemilius/Amilius. En Inglaterra chamábanlle normalmente Emily á princesa Amelia, filla de Xurxo III. E aínda hai quen o remonta ao grego amelía ( ἀ μέλεια ‘despreocupación, abandono’); de feito,   está rexistrado o nome propio Amelios e posiblemente acabou producíndose unha confluencia da forma grega coa xermánica. Finalmente, tamén se pensa que nomes como Emma e Imma poderían ser variantes de Amalia. A festividade de santa Amalia (s VIII), celébrase o 10 de xullo. Este nome presenta como variante Amelia e como hipocorístico Lucha....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla dun príncipe franco que renunciou a casar con Carlos Martel para entrar no mosteiro de Maubege (Bélxica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. De formación autodidacta, expuxo individualmente por vez primeira en 1959 en Madrid. A súa pintura inscríbese dentro da corrente neorrealista madrileña, e céntrase en visións frías e desoladas do mundo dos obxectos cotiás e a realidade urbana. En 1978 recibiu o Premio Goya da Villa de Madrid. En 1997 presentouse en Madrid unha retrospectiva da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Na xuventude trasladouse a Madrid e posteriormente a Barcelona. De ideas espiritistas, colaborou en El Criterio e dende 1879 publicou a revista mensual La Luz del Porvenir e libros de poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, foi, entre 1975 e 1980, cronista de sociedade en Faro de Vigo e Diario de Pontevedra. Desde 1983 colabora na revista Telva. Foi subdirectora de Radio 80 Pontevedra e cronista de sociedade en Onda Cero. En televisión, foi coordinadora do programa Mesa Reservada (TVG), redactora de Antena 3, colaboradora no programa De buena mañana (Antena 3), e entrevistadora en Encantada de la vida (Antena 3), Pasa la Vida (TVE), e Ahora (Antena 3).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Nápoles e Sicilia (1738-1759) e de España (1759-1760), filla de Augusto III de Polonia e da arquiduquesa María Xosefa de Austria. Casou en 1738 con Carlos VII de Nápoles, futuro Carlos III o Político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España, filla do príncipe Maximiliano de Saxonia e de Carolina de Parma. Casou en 1819 con Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. Coñecida como Amália Rodrigues, está considerada unha das intérpretes máis importantes de fados. Participou nas operetas Rosa cantadeira (1944) e Mouraria (1946), no drama A severa (1955) e nos filmes Os amantes do Tejo (1955), Fado Corrido (1964) e As Ilhas Encantadas (1965). Da súa discografía destacan Mouraria (1945), Novo Fado da Severa (1953), Povo que Lavas no Rio (1963), Estranha Forma de Vida (1964), Lágrima (1983), Maldição (1992) e Segredo (1998). Recibiu o Premio MIDEM (The International Music Market) en 1967, 1968 e 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, regado polo Guadiana e situado na chaira de Serena (4.339 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO