"Amber" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 52.
-
CIDADES
Cidade do estado de Rājasthān, India. Conquistada polos rajputs cara ao século XII, foi capital da Rajputana ata ser substituída por Jaypur en 1728. Conserva moitos monumentos, entre eles, o palacio de Man Singh e o templo de Vishnu. Actualmente está deshabitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Derby, en Inglaterra, Reino Unido (109.379 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Especialista en retratos. A súa obra mestra é O xeógrafo Sebastián Münster (museo de Berlín). Seguiu o estilo de Hans Burgkmair, pero foi influído por Tiziano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marca de resinas sintéticas de intercambio iónico constituídas por polímeros reticulados en forma de pequenos grans. Empréganse para eliminar ións simples e complexos de solucións acuosas e non acuosas. Son susceptibles de rexeneración e a súa natureza, capacidade de intercambio e porosidade son moi variadas. Utilízanse no tratamento de augas, como catalizadores, en cromatografía, e en certas preparacións farmacéuticas.
-
CIDADES
Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Regnitz (70.200 h [1990]). Localízase nos contrafortes do Steigerwald e constitúe un importante núcleo industrial. Posúe abundantes edificios medievais, entre os que destaca a catedral (ss XI-XIII), que inclúe importantes esculturas (Cabaleiro de Bamberg). Ten a súa orixe nun establecemento comercial que xurdiu ao pé do castelo dos Babenberg. O Emperador Enrique II fundou no ano 1007 un bispado, que foi secularizado en 1803, cando a cidade se incorporou a Baviera. As forzas do exército alemán que reprimiron o goberno soviético e espartaquista de Múnic en xaneiro de 1919 partiron desta vila.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principado eclesiástico do Sacro Imperio, no círculo de Franconia. Estendíase polo alto val do Maine e polos vales baixo e medio do Regnitz, posesións que foron anexionadas pola sé exenta de Bamberg durante o s XIII. O principado foi secularizado e incorporado a Baviera no ano 1803.
-
PERSOEIRO
Político e economista. Foi deputado liberal no Reichstag (1871-1893) e colaborou con Bismarck no deseño da súa política económica; sen embargo, a partir de 1878 converteuse en crítico da súa política colonial e do seu intervencionismo económico. Escribiu diversos traballos teóricos sobre política monetaria que gozaron de moito prestixio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe bieito e ecumenista belga. Foi o creador (1909) do movemento litúrxico pastoral. No ano 1925 fundou en Amay un mosteiro bieito dedicado á unión dos cristiáns, que foi trasladado en 1939 a Chevetogne. Foi un dos representantes máis destacados do movemento ecuménico dentro da Igrexa Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, organista e clavecinista. Discípulo de Jacques Champion Chambonnières, foi organista da igrexa de Saint Honoré de París e, dende 1662 ata 1665, mestre de música de Ana de Austria. En colaboración co poeta Pierre Perrin compuxo comedias musicais en francés (La pastorale ou Ariane). En 1673 estableceuse en Londres onde fundou a Royal Academy of Music (1674).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase a cada un dos soldados da garda chamberga e ás pezas que formaban o seu uniforme, especialmente o sombreiro e a casaca.
-
-
Casaca militar na que o propio forro formaba as lapelas e as dobras das mangas. Formaba parte do vestiario do exército francés que comandaba Charles Schömberg durante a Guerra de Catalunya (1640-1652).
-
Sombreiro de ala ancha levantada por un lado e suxeitada cunha presilla empregado pola garda chamberga.
-
garda chamberga
Rexemento creado en Madrid por Mariana de Austria (1669) con funcións de garda real, que entre outras pezas da súa indumentaria lucía a chamberga e o chambergo. Xoán Xosé de Austria trasladou a garda chamberga a Sicilia e substituíuna por outra alemana.
-
-
Moeda de prata catalá do s XVIII e dun valor inferior ao real de Castela.
-
pintura á chamberga.
-
-
PERSOEIRO
Político británico. Membro do partido conservador, foi ministro de Facenda (1923-1924 e 1931-1937) e de Sanidade (1923, 1924-1929 e 1931). En 1937 foi elixido primeiro ministro. O seu principal obxectivo foi manter a paz en Europa e para tal fin asinou o acordo de Múnic en setembro de 1938; sen embargo, a ocupación de Checoslovaquia polos alemáns significou o fracaso da súa política. Invadida Polonia (1939), declaroulle a guerra ao Eixe. En maio de 1940 foi substituído por Winston Churchill.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor inglés. Foi un dos teóricos do nacionalsocialismo. En 1885 trasladouse desde Inglaterra para estudar en Dresden e posteriormente se estableceu en Viena. Na súa obra principal Die Grundlagen des neunzehten Jahrhunderts (Os fundamentos do s XIX, 1899), fai unha interpretación da superioridade da raza aria. Durante a Primeira Guerra Mundial posicionouse como panxermanista e partidario da anexión a Alemaña de todos os pobos de orixe xermana. É autor de dúas monografías sobre Richard Wagner, compositor no que se inspirou para desenvolver unha filosofía de carácter nacionalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Estudiou no Black Mountain Collage. Influído polas propostas obxectuais dadaístas e pola figura de David Smith, desde finais dos anos cincuenta empregou como material básico restos de automóbiles desfeitos e ensamblados na procura dunha figuración dramática próxima ao informalismo (Assemblages). Afastado de preocupacións sociais, a súa proposta é máis pictórica ca ideolóxica, próxima ao esteticismo do Pop Art.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi alcalde de Birmingham en 1873 e, como membro do Partido Liberal, exerceu o cargo de ministro de Comercio (1880-1885). En 1895 foi nomeado ministro de Colonias; dende o seu cargo apoiou a Guerra dos Bóers (1899-1902). En 1900 outorgou o estatuto de dominio a Australia e a Nova Zelanda. Contrario ao libre cambio, presentou un proxecto que propugnaba a implantación dun sistema comercial proteccionista entre os membros do Imperio Británico, pero non foi aceptado. Retirouse da política en 1906 ao ser derrotado o Partido Liberal Unionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, fillo de Joseph Chamberlain. Foi elixido deputado liberal unionista en 1892. Durante o ministerio de Balfour exerceu como ministro de Finanzas (1903-1906). Foi secretario para a India dende 1915 ata 1918, ano no que regresou ao ministerio de Finanzas. Secundou a política proteccionista do seu pai e estableceu unha rigorosa política fiscal que foi moi criticada. Ministro de Asuntos Exteriores (1924-1929), promoveu o Pacto de Locarno (1925) e prestou o seu apoio ao de Briand-Kellogg (1928) e á Sociedade de Nacións. En 1925 recibiu, xunto con Charles Drawes, o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Entre 1942 e 1946 participou no proxecto Manhattan, co que se logrou confeccionar a bomba nuclear. No bevatrón de Berkeley demostrou, xunto con E. Segrè, a existencia do antiprotón en 1955. Ambos os dous recibiron o Premio Nobel de Física en 1959.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Membro da escola neoclásica de economía, en 1933 formulou o concepto de competencia monopolista na súa obra The Theory of Monopolistic Competition (A teoría da competencia monopolística).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de arquitectos londinense que en 1952 gañou o concurso para a construción dos edificios que eran propiedade do estado na City de Londres.
-
PERSOEIRO
Escritor e erudito inglés. Colaborou no Literary Magazine (1735-1737). Traduciu numerosas obras francesas e foi o editor da Cyclopaedia or Universal Ditionary of Arts and Sciences (1728), que influíu nos enciclopedistas franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e editor escocés. Xunto co seu irmán Robert Chambers (Peebles 1802 - Saint Andrews, Fifeshire 1871) creou a editorial W & R Chambers, que publicou a Chamber’s Encyclopaedia (1859-1868).
VER O DETALLE DO TERMO