"Ambroise" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Xograr normando, autor en lingua francesa da Estoire de la guerre sainte, crónica da Terceira Cruzada. Probablemente o autor acompañase a Ricardo I de Inglaterra á Terra Santa. É tamén posible que a crónica se inspirase nunha narración normanda máis antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político francés, vizconde de Bonald. Exiliado durante a revolución, volveu na época do Directorio. Foi ministro de Estado (1822) e par de Francia (1823). Vangardista do pensamento contrarrevolucionario, do lexitimismo e do tradicionalismo filosófico, as súas obras máis importantes son Théorie du pouvoir politique et religieux (Teoría do poder político e relixioso, 1796), Essai analytique sur les lois naturelles de l’ordre social (Ensaio analítico sobre as leis naturais da orde social, 1800) e Démonstration philosophique du principe constitutif de la société (Demostración filosófica do principio constitutivo da sociedade, 1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre Ambroise François Choderlos de Laclos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Membro da Segunda Escola de Fointainebleau, foi pintor de Maria de Medici e pintor de cámara de Enrique IV. Realizou unha obra de características manieristas. Entre as súas obras destaca a decoración do Château de Fointainebleau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor francés. Ao servizo do duque de Orléans, pertenceu ao Club dos Xacobinos. Libretista de ópera, é autor de poemas galantes, do proxecto de tratado De l’éducation des femmes, e de Les liaisons dangereuses (1782), novela epistolar na que, con cinismo aparente, critica a conduta da nobreza rica, perversa e ociosa de finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou os seus primeiros poemas na revista La Conque, baixo a influencia de S. Mallarmé. Abandonou a poesía (1892) e publicou Introdution à la méthode de Léonard de Vinci (1895) e Une soirée avec Monsieur Teste (1896), en que analiza o poder da intelixencia. Continuou conciliando a súa vida como funcionario coa investigación e a reflexión persoal para, co tempo, volver ao cultivo da poesía con La jeune parque (1917) e Cimetière marin (1920). Grazas a L’album de vers anciens (1920) e Charmes (1922) conseguiu certo renome e ingresou na Académie Française. Autor de Variété (1924-1944), en 1937 foi nomeado titular da cátedra de Poética no Collège de France.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marchante de arte. Abriu a súa galería parisiense en 1893. Organizou unha importante exposición de Cézanne (1895), comprou obras de Van Gogh (1900) e fixo un contrato con Gauguin (1900). Organizou a primeira exposición en París de Picasso (1901) e a primeira absoluta de Matisse (1904). Promoveu a Bonnard, Redon, Derain e Vlaminck. Orientou as carreiras de Roualt cara á cerámica, Renoir cara á escultura e moitos artistas cara ao gravado e á ilustración de libros de bibliófilo, que el mesmo editou. Editou tamén bronces de Rodin, Maillol, Renoir e Picasso. En 1937 publicou Souvenirs dun marchand de tableaux.

    VER O DETALLE DO TERMO