"Amiens" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CIDADES
Cidade da Picardía, Francia, capital do departamento de Somme (131.872 h [1990]). Sita no val de Somme, a cidade aínda conserva o núcleo antigo. Amiens é o centro comercial e agrícola das poboacións suburbanas asentadas nas terras pantanosas do val de Somme. É un núcleo industrial localizado entre as áreas industriais de París e de Lille. Ten unha universidade, fundada no ano 1965. Na Idade Media foi un importante centro de industria de panos. A súa catedral é a máis grande de Francia; foi construída por Robert de Luzarches, Thomas de Cormont e o seu fillo Renaud na época das grandes catedrais, entre os anos 1220 e 1270. O conxunto escultórico, dunha grande expresividade, ten influencias do Realismo flamenco. Cabe destacar tamén o pintoresco barrio de Saint-Leu, coa igrexa de Saint-Leu (s V), dominada pola cidadela (1589), e a igrexa de Saint-Germain (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado o día 25 de marzo de 1802 entre España, Francia, Gran Bretaña e Holanda. Representou unha tregua na política expansionista de Napoleón. Gran Bretaña devolveu os territorios conquistados, entre eles Menorca, que no 1802 pasou definitivamente a formar parte de España, pero remanecían Trindade e Ceilán en poder inglés. Francia abandonou Roma, Nápoles e Portugal, garantindo a independencia das illas Xónicas e de Portugal.
-
PERSOEIRO
Nome co que é coñecido o escultor do Cristo do parteluz da porta central da fachada oeste da Catedral de Amiens (1236?). Foi o introdutor do gótico francés en Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade premostratense e bispo de Amiens. Na iconografía leva vestiduras episcopais e, como atributo, un can. A súa festividade celébrase o 8 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Amiens. Segundo unha lenda do s XI, traballaba nunha panadería e un día a pa coa que quitaba o pan do forno floreceu. Por esta razón é patrón dos panadeiros, pero tamén é avogoso de floristas e muiñeiros. Na iconografía leva vestiduras episcopais, con casula ancha ou capa, mitra sobre a cabeza; e, como atributos, a palma do martirio e, ás veces, a pa dos panadeiros con pans. A súa festividade celébrase o 16 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO