"Ampra" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Liñaxe antiga que pasou a Palencia. As súas armas levan, en campo de goles, un touro en salto que leva nas hastas dúas bandeiras de prata, cargada unha cunha cruz de goles e a outra cun ollo humano da súa cor. Outra variante trae, en campo de prata, un arco de ponte sobre ondas de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Foi maître de musique en Toulouse entre os anos 1683 e 1694, ano no que se trasladou a París para aceptar ese mesmo cargo na catedral de Notre Dame ata 1700. Cultivou a ópera-ballet, da que compuxo L’Europe galante (1697), e a ópera, destacando Tancrède (1702) e Camille (1717). Representou o nexo entre as obras de Lully e Rameau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi un dos xogadores máis destacados durante a década de 1990, e o que máis semanas ocupou o número 1 da clasificación ATP (1993-1998). Gañou catorce títulos individuais do Grand Slam: 2 Open de Australia, 7 do Torneo de Wimbledon e 5 do US Open, así como a Copa Davis co equipo estadounidense (1995). Retirouse en 2003.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desenvolvemento dunha vogal no interior dun grupo formado por unha consoante e unha soante, con transformación conseguinte da soante en consoante. Era un termo que empregaban os antigos gramáticos hindús. Por exemplo, o latín CERTUS (en grego êñéôόò), da raíz êñôïó-.

    VER O DETALLE DO TERMO