"Amsterdam" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Capital dos Países Baixos, en Holanda setentrional, preto da confluencia do Ij e do Amstel (715.148 h [1997]). É un centro comercial, bancario e industrial que forma parte do denominado Randstad Holland ou anel urbano de Holanda. A cidade, construída practicamente sobre a auga, tivo que crear unha rede de canais que lle permitiran a saída ao mar. O centro comercial e de negocios actual, que xira ao redor do porto e da praza do Dam, conserva ben os edificios da época barroca aliñados ao longo das rúas semicirculares que bordean os pequenos canais do centro. A industria está moi diversificada. Ten aeroporto. Amsterdam constitúe tamén o centro dunha vida cultural e artística moi intensa, representada especialmente pola universidade, do s XVII: a Universidade de Amsterdam e a Vrije Universiteit (Universidade Libre). Hai tamén diversos organismos de investigación. A orquestra Concertgebouw é mundialmente coñecida. Durante o s XIII Amsterdam non era máis que unha aldea de pescadores. No s XIV...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece a Carta Europea do Patrimonio Arquitectónico, proclamada polo Consello de Europa no ano 1975. Estableceu a extensión do concepto de ‘patrimonio arquitectónico’ ou ‘monumento’ para o conxunto dos centros históricos das cidades e para os ambientes urbanos en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ía de navegación que une a cidade de Amsterdam co río Waal, afluente do Rhin (72 km). Inaugurouse en 1952, e constitúe o canal máis importante da Europa Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome orixinal, ata 1664, da cidade de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 2 de outubro de 1997 polos ministos de Exteriores dos estados membros da UE e que entrou en vigor o 1 de maio de 1999 despois de ser ratificado polos respectivos estados. Modificou nalgúns aspectos o Tratado de Maastricht, os tratados constitutivos das Comunidades Europeas e diversos actos afíns. Tratou temas de emprego, libre circulación de ciudadáns, xustiza, política exterior e seguridade común e reforma institucional para afrontar o ingreso de novos membros.

    VER O DETALLE DO TERMO