"Ana de Austria" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela. Filla do Emperador Maximiliano e de María, irmá de Filipe II. Cuarta muller de Filipe II de Castela e nai de Filipe III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Francia. Filla de Filipe III de Castela e Margarita de Austria, casou con Luís XIII de Francia en 1615. Rexente de Francia en nome do seu fillo Luís XIV (1643), gobernou con Mazzarino. Baixo a súa Rexencia liquidouse a Revolta da Fronda, púxose fin á Guerra dos Trinta Anos (Tratado de Westfalia, 1648) e asinouse o Tratado dos Pireneos (1659). O seu papel cesou coa morte de Mazzarino e o acceso ao poder de Luís XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña (1649-1665) e rexente (1655-1677) de España, filla do Emperador Fernando III. Casou en 1649 co seu tío, Filipe IV. Foi rexente mentres o seu fillo, o futuro Carlos II, non foi maior de idade. Confiou nesta época o poder aos seus favoritos: o xesuíta Nithard e Fernando de Valenzuela y Enciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Portugal, filla do Emperador Carlos V. En 1552 casárona co seu primo irmán o príncipe herdeiro Xoán de Portugal, fillo de Xoán III. Viúva desde 1554, regresou a Castela e foi nomeada lugartenente xeral das coroas de Aragón e Castela durante a ausencia do seu pai e do seu irmán Filipe (1554-1559).

    VER O DETALLE DO TERMO