"Anacleto" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Antropónimo procedente do grego Ảνάκλετος ‘invocado’, derivado de ἀ νακλέω ‘invocar, berrar’, ou mellor de Ảν ένκλετος ‘libre de toda culpa, irreprensible’. Santo Anacleto (s I) de Atenas aparece tamén na lista dos papas co nome de Cleto, forma abreviada con aférese do nome completo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nado en Atenas, foi o terceiro Papa (79-91) despois de san Pedro e san Lino e morreu lapidado en Roma baixo o goberno de Diocleciano; enterrárono onda san Pedro. A súa festividade celébrase o 13 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e ocultista. Coñecido co pseudónimo de Doctor Papus, doutourose en Medicina na Universidade de París (1894). Dirixiu o laboratorio de hipnoterapia do Hospital da Caridade na capital francesa. Realizou unha viaxe á India, onde estudiou os enigmas das forzas astrais e, logo de viaxar por diversos países, dedicouse ao cultivo das ciencias ocultas. Gracias aos seus coñecementos e á fama internacional que conseguiu viaxou en dúas ocasións a San Petersburgo (1900 e 1905) para atender os tsares, onde prognosticou que a revolución os derrocaría anos despois. Participou como médico na Primeira Guerra Mundial ata que caeu enfermo e morreu. Entre as máis de cincuenta obras que escribiu, cómpre salientar: Hypothéses (Hipóteses, 1884), l’Ocultisme contemporain (O ocultismo contemporáneo, 1887), Essai de physiologie synthetique (Ensaio de fisioloxía sintética, 1890) e Cabbale (Cábala, 1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de arquitectura. Traballou, entre outras obras, na igrexa neoclásica de Santa María dos Baños en Cuntis.

    VER O DETALLE DO TERMO