"Anacre" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Liñaxe orixinaria de Vigo. As súas armas levan, sobre campo de goles, un anaco de nácara da súa cor natural. Outros apelidos relacionados con esta caste son Nacre e Anacrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego, fillo de Skitines de Teos. Coa súa poesía, da que quedan fragmentos moi breves, traslada a dominio xónico a lírica monódica eólica. Odiou a guerra e cantoulle ao viño e ao amor tanto homosexual como heterosexual. A súa obra lírica foi traducida ao galego por Florencio Vaamonde Lores (Odas, 1897). Un poema foi traducido por J. Pérez Ballesteros en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de sesenta e dúas odas breves editadas en 1554 polo francés H. Estienne e atribuídas erroneamente a Anacreonte. Tiveron grande influencia durante o Renacemento e foron escritas no período comprendido entre a época alexandrina e os primeiros séculos despois de Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ó xeito de Anacreonte.

      2. Na poesía grega e latina, dise de diversos metros, usados por Anacreonte, especialmente o dímetro iámbico cataléctico e o dímetro xónico con anaclase.

    1. Composición poética de metro curto, polo xeral heptasílabo, de extensión breve na que o poeta canta con ton enxeñoso e irónico aos praceres da vida e dos sentidos cunha simboloxía literaria de orixe pastoral. As obras deste autor influíron en autores como Teócrito, Catulo e Horacio. O xénero foi representado no Renacemento e coa publicación das Anacreónticas (1554) iniciou unha tradición que callou especialmente na literatura románica. O momento culminante do xénero produciuse no s XVIII con Cadalso, Juan Pablo Forner, e Meléndez Valdés, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO