"Ancares" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
GALICIA
Comarca que adopta o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Comunidade Autónoma de Galicia, limitando xa con Asturias e o Bierzo, en territorio de Castela e León. É un espazo de montaña que xunto á comarca de Fonsagrada, ao N, e a de Quiroga (montes do Caurel) ao S conforman as serras orientais. Correspóndese na súa maior parte co curso alto do río Navia, que discorre en dirección SO-NL. O seu volume demográfico é pequeno: 15.369 habitantes en 1996. Repártense estes nos 907 km2de superficie da comarca, o que supón unha baixa densidade demográfica de 20,4 h/km2(a media galega é de 93,5). Integran a comarca os seguintes concellos: Becerreá (3.987 h), As Nogais (1.738 h), Baralla (3.488 h), Cervantes (2.414 h), Navia de Suarna (2.116 h) e Pedrafita do Cebreiro (1.716 h). Foi unha das comarcas piloto do Plan de Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia. A súa conformación actual está regulada pola lei 7/1996 de Desenvolvemento Comarcal de Galicia....
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Cordilleira do sector de serras orientais e surorientais de Galicia, tanto polo seu volume coma pola súa altura. Culmina nos 1.978 m de altitude no monte Cuíña ao N, 1.924 m do Mustallar ou 1.969 de Miravalles.
VER O DETALLE DO TERMO