"Andias" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Liñaxe natural de Santiago de Compostela. Outros apelidos relacionados con esta caste son Andia, Andeas, Andegas, Andes e Andillas. As súas armas levan, sobre campo de azur, unhas andas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Estevo que dá nome ao concello de Sandiás, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Limia, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 06’ 50” de latitude N e 7° 46’ de lonxitude O. Limita ao N con Allariz e Xunqueira de Ambía (ambos os dous na comarca de Allariz-Maceda), ao L e ao S con Xinzo de Limia (comarca da Limia), e ao O con Vilar de Santos (comarca da Limia). Abrangue unha superficie de 52,8 km 2 cunha poboación de 1.680 h (2007), distribuída nas parroquias de Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás. A súa capital está no lugar de Sandiás, na parroquia homónima, a 137 km de Santiago de Compostela e a 32 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Xinzo de Limia.
    Xeografía física
    O relevo, claramente condicionado polos abondosos depósitos sedimentarios cuaternarios, é extremadamente simple. O 80% do territorio correspóndese coa depresión da Limia, e tan só o seu extremo NL conta con illadas elevacións. A maior parte do territorio caracterízase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo partido: 1, de prata, con tres bandas de sinople; 2, de goles, con dúas caldeiras de sable, colocadas en pau. Outra trae, en campo de goles, unha cruz de ouro, nos cantóns con catro flores de catro follas, de ouro, unha en cada cantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Sandiás. Sufriu os ataques das tropas inglesas do duque de Lancaster e dos irmandiños (1471). Só se conserva a torre. Pertenceu aos señores de Maceda, ao conde de Benavente, ao marqués de Viana e á casa Santana e Monterrei. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sandiás. Construída polo mestre Bertomeu de Nosendo no s XVI, en estilo gótico tardío, anuncia as formas renacentistas. Ten unha soa nave e capela maior de planta cadrada, cuberta cunha bóveda de cruzaría. Conserva un retablo manierista de Francisco de Moure. No exterior destaca a portada de estilo manuelino, formada por dúas arcadas, a interior de arco rebaixado e quebrado, e a exterior de arco rebaixado liso. A torre é de planta cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO