"Andrómeda" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Heroína da mitoloxía grega. Filla de Cefeo e de Casiopea, que a xulgou máis bela ca as nereidas. Por orde de Poseidón, enfadado, foi abandonada sobre unha rocha para que a devorase un monstro mariño. Perseo salvouna e casou con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada ao N de Pegaso. As súas estrelas máis importantes son Alferatz [α], Mirach [β] e Almak [γ]. Contén a galaxia de Andrómeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das galaxias máis próxima á nosa. Situada na constelación de Andrómeda, é visible sen telescopio e ocupa unha zona duns 80 por 250 minutos de arco. Foi estudada no s X polo astrónomo árabe al-Sūfī. Simon Marius observouna a través do telescopio en 1612 e Messier clasificouna (M31). Tamén se coñece polas siglas NGC 244. Andrómeda atópase a unha distancia de 2,18 millóns de anos luz, ten un diámetro de 163.000 anos luz e contén ao redor de 200.000 millóns de estrelas, cunha masa total de 3x1011 masas solares, aproximadamente dúas veces a masa da Vía Láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO