"Anllo" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
RIOS
Río da Terra Chá, afluente do Miño pola dereita. Nace na parroquia de Goán, concello de Abadín, a 480 m de altitude da confluencia de varios ríos e regos, o Abadín, o Rego Grande e o Rego Picheira. Todos estes baixan do engarzamento da Serra da Carba coa Serra do Xistral, artellando (no caso do Abadín) unha rede fluvial que se nutre dos ríos Labrada, Espiñaredo, Gontán e moitos outros regos. Dende Gontán, o Anllo segue unha dirección N-S polas parroquias de Baroncelle e Moncelos, pasa ao concello de Cospeito pola parroquia de Goa, continuando por Roás e Momán. Adéntrase logo pola parroquia de Triaba no concello de Castro de Rei, onde vira para adoptar NL-SO e volver ao concello de Cospeito pola parroquia de Xermar, onde serve de deslinde municipal entre Cospeito e Castro de Rei (parroquias de Xermar e Triaba, respectivamente) ata a súa captura polo Miño no lugar do Muíño do Toural a 395 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
RIOS
Río que drena a comarca de Bergantiños, ao longo dun percorrido de 54,4 km en sentido L-O, artellando unha conca de 516 km2 de superficie. Ten as súas fontes no lugar da Pedra do Coto, a 410 m de altitude, na parroquia de Meirama do concello de Cerceda, na vertente NO dos Montes do Xalo. A seguir adéntrase uns 350 m polo concello de Culleredo e pasa ao de Laracha pola parroquia de Soandre onde recibe a auga do Río Grande. Segue polas parroquias de Erboedo, Coiro e Vilaño, onde captura o río Acheiro. Pasa ao termo de Carballo polas parroquias de Berdillo, Bértoa, Carballo e Sísamo onde, seguindo por Cances, serve de límite co municipio de Coristanco. Adéntrase logo neste concello pola parroquia de Verdes, que o leva a facer límite co municipio de Ponteceso polas parroquias de Corcoesto (Coristanco) e Xornes (Ponteceso), deixando Cospeito para facer linde entre Cabana de Bergantiños e Ponteceso polo Esto e Cesullas (da banda de Cabana), e Langueirón e Anllóns (da banda de Ponteceso)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Filipe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural, declarado refuxio de caza, localizado na zona interna da ría de Corme e Laxe. Trátase dun complexo litoral formado por un esteiro parcialmente pechado por unha barra areosa, un sistema dunar e un conxunto de marismas, carrizais e xunqueiras. Destaca o interese ornitolóxico da área xa que nela aniña a píldora papuda e, ademais, constitúe un punto importante para a invernada ou o paso de limícolos, anátidos ou garzas. No outono, cando sopran ventos persistentes de compoñente O, poden presentarse aves de procedencia neártica divagantes, sobre todo limícolas, de orixe paleártica oriental ou neártica.
-
IGREXAS
Igrexa do concello de Ponteceso que conserva algúns restos románicos, sobre todo nos canzorros do beiril da ábsida e nunha porta lateral. O resto da construción é de época moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -