"Anxeo" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anxo/Anxa.
-
-
Núcleo fundamental da fe cristiá. A palabra evanxeo, que significa ‘boa nova‘, pasou a entenderse como o conxunto das ensinanzas e o testemuño de Xesús de Nazaret.
-
Cada un dos catro primeiros libros do Novo Testamento nos que se contén a mensaxe cristiá. As proclamas evanxélicas fixéronse, en orixe, de viva voz. As primeiras predicacións axiña foron recollidas por escrito na lingua dos apóstolos, o arameo. Posteriormente, diversas tradicións e sucesivos conxuntos redaccionais xurdiron nas distintas comunidades cristiás (san Lucas, na introdución ao seu Evanxeo, alude a esta pluralidade de escritos). Entre os diversos relatos que apareceron no s I, houbo catro que se impuxeron oficialmente dende a Igrexa, que os recoñece como canónicos: Mateo, Marcos, Lucas e Xoán. Segundo as investigacións bíblicas, o máis antigo é o Evanxeo segundo San Marcos. O autor deste Evanxeo parece que foi un curmán de Bernabeu, Marcos, que puxo por escrito a predicación en arameo de san Pedro aos membros da Igrexa de Roma; cabe situar a redacción a finais dos anos sesenta. Algúns eséxetas sinalan que corresponde a unha comunidade xudeocristiá...
-
Parte da liturxia eucarística que consiste na lectura dun fragmento dos Evanxeos.
-
Lado esquerdo do altar dende o punto de vista dos fieis. O seu nome fai referencia á situación do misal cando se lía o Evanxeo na misa segundo o rito romano anterior ao Concilio Vaticano II.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto dramático publicado en 1934 por Antón Villar Ponte, que o presentou como un folk-drama, e que supuxo a concreción literaria de toda unha teoría sobre un teatro nacional. Partiu das achegas realizadas polos dramaturgos angloirlandeses John Millington Synge e William Butler Yeats e da pegada de Ramón María del Valle-Inclán. A peza mostra unha Galicia máxica de entreséculos. Trátase dun dos textos máis interesantes da creación dramática anterior á Guerra Civil, na que agroma con forza unha materia dramática rica e complexa, fortemente asentada na tradición popular galega e onde realismo, simbolismo e expresionismo se mesturan.
-
-
Sentenza de Deus, recollida na Xénese, sobre a serpe no Paraíso, entendida polos Pais e os esexetas católicos como o primeiro anuncio da salvación: un descendente da muller, Xesús, vencerá as forzas demoníacas (serpe).
-
Evanxeo apócrifo atribuído ao apóstolo Santiago o Menor que trata sobre o nacemento da Virxe e a infancia de Xesús. Parece ser que foi escrito no s II.
-