"Anyang" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Henan, China, nos contrafortes dos Taihang Shan (420.333 h [estim 1991]). Centro mineiro (hulla), siderúrxico e agrícola. Capital da dinastía Shang, instituída por Pangeng contra o 1300 a C. As escavacións do s XX revelaron o extraordinario desenvolvemento da cultura do bronce chinesa (son reputadas as pezas de ‘bronce Shang’). Descubriuse o interesante arquivo das inscricións mantiques sobre cunchas de tartaruga (máis de 100.000 pezas), as mostras máis antigas conservadas da escritura chinesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Kyonggi, na República de Corea do Sur (590.996 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Sichuan, China, situada ao NL da chaira de Chengdu, na confluencia dos ríos Fou e An-chang (262.947 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Henan, China, situada na beira do río Baihe (243.303 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO