"Apure" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • RIOS

    Río de Venezuela, afluente do Orinoco pola esquerda, no que desemboca logo dun percorrido de 815 km. Nace da unión dos ríos Uribante e Sarare cerca de Guasdualito. Percorre as planicies do Orinoco en dirección O-L, e en San Fernando de Apure úneselle o río Portuguesa pola marxe esquerda ata desembocar no Orinoco cerca de Caicara do Orinoco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federal de Venezuela (76.500 km2, 376.220 h [estim 1995]). Excepto o O do territorio, que é montañoso, o territorio está formado polos Llanos, bañados polos ríos Apure, Auraca, Capanaparo e Siranuco. A principal actividade é a gandería, especialmente de cabalos e vacas. A capital é San Fernando de Apure (72.733 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO