"Arabia Saudí" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ENTRADA LARGA

    Estado de Arabia que ocupa a maior parte da península e que limita con Xordania, Iraq e Kuwait ao N, co Golfo Pérsico, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos ao NL, con Omán ao L e ao S, con Iemen ao S e SO e co Mar Vermello ao O (2.240.000 km2; 19.072.000 h [estim 1997]). A capital é Al-Riyād.
    Xeografía económica

    Conxuntura económica
    A economía saudita baséase, maioritariamente, na obtención do seu principal recurso natural: o petróleo, do que posúe o 26% das reservas mundiais e é o primeiro produtor mundial. Os cultivos son difíciles debido á falta de auga, polo que se concentran nos oasis e nas áreas litorais. O trigo é o principal cultivo, aínda que teñen grande importancia os dátiles, os produtos da horta (tomate e sandía) e a cebada. Durante a década de 1980 leváronse a cabo numerosas obras de irrigación co obxecto de aumentar a área cultivada, buscáronse novas fontes hídricas, concedéronse axudas financeiras aos agricultores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí, fillo de Abd al-’Azīz II. Á morte do Rei Fay Palatino; ṣ āl, converteuse no primeiro vicepresidente do consello de ministros e príncipe herdeiro. No ano 1982 sucedeu o seu medio irmán Hālid. Practicou unha política conservadora e prooccidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí (1975-1982), fillo do monarca ‘Abd al-’Aziz II. Foi vicepresidente do Consello de Ministros (1962-1975) durante o reinado do seu irmán consanguíneo Fay ṣ āl II, ao que sucedeu no trono cando este foi asasinado. Prooccidental en política interior, impulsou algunhas reformas moderadas. Sucedeuno o seu medio irmán Fahd I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emir (1902-1917), Sultán (1917-1927) e rei (1927-1932) de Najd, Rei de Al- Ḥ ijāz (1927-1932) e de Arabia Saudí (1932-1953), da dinastía wahhabita. Membro dunha familia rexente exiliada, sucedeu ao seu pai no 1902. No 1932 cambiou o nome do reino polo de Arabia Saudí. As explotacións petrolíferas (dende o 1938) consolidaron o seu poder persoal. Durante a Segunda Guerra Mundial permaneceu neutral.

    VER O DETALLE DO TERMO