"Archena" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, ao NO da capital, na Vega del Segura (14.163 h [1996]). Posúe unha interesante necrópole ibérica. Ten fontes termais de augas sulfurosas que brotan a máis de 50°C. As termas véñense aproveitando para a explotación balnearia dende a época romana. En 1778 construíuse un gran balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por Bosch i Gimpera en 1915 a un dos estilos pitóricos da cerámica ibera atopada na parte meridional do País Valencià e Murcia. Caracterízase polas figuras simbólicas, de dimensións considerables, humanas ou de animais, con elementos decorativos florais, vexetais e xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao S da chaira do Guadalquivir, drenado polo río Corbones (17.800 h [2001]). É un centro comercial e agrícola, con cultivos de cereais e oliveiras. Destaca a produción de viño e aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista. Foi campioa de España de natación desde 1986 ata 1993 en 200 metros costas. Foi cuarta na Copa de Europa (Sabadell, 1989), participou no campionato do mundo en Perth (1991) e obtivo a medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo de Atenas (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Coñecido como El abate Marchena, recibiu as ordes menores en Sevilla e escribiu Aviso al pueblo español, en que convidaba os seus concidadáns a unirse á Revolución Francesa. Formou parte dun comité español encargado de introducir as ideas republicanas no Estado español. Xosé Bonaparte nomeouno director de La Gaceta e arquiveiro do Ministerio do Interior. En 1820 foi expulsado de Sevilla polas súas ideas extremistas.

    VER O DETALLE DO TERMO