"Arcy" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oscilación climática tépeda que ten lugar nos comezos do Würm III (31.500-30.000 BP).
-
PERSOEIRO
Conde d’Arcy. Físico francés de orixe irlandesa. Foi membro da Académie des Sciences e publicou traballos sobre balística e mecánica celeste, da que fixo unha primeira formulación do principio da conservación do impulso. Construíu máquinas hidráulicas e o electrómetro, primeiro aparato que medía forzas eléctricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno en lingua rusa. Un dos máximos representantes da literatura decadente, tratou temas escabrosos sobre todo na novela Sanin (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da división dos ximnomicotos con pequenos corpos frutíferos que aparecen sobre a madeira morta. En Galicia están presentes as especies A. ferrugines, A. incarnata, A. nutans e A. versicolo.
-
PERSOEIRO
Político. Despois da capitulación de Polonia trala invasión de tropas da Alemaña nazi (1939), quedou como cabeza do Partido Socialista e da resistencia polaca durante a Segunda Guerra Mundial. Foi Presidente do goberno polaco no exilio en Londres (1944-1947), dende o que se opuxo ao Comité de Liberación Nacional, dirixido por Lublin, de tendencia soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que expresa a permeabilidade dos solos ao relacionar o volume (V) de auga que atravesa unha superficie (S) nun tempo determinado (t) coa caída da presión por unidade de lonxitude (Kp/Kl) segundo a ecuación: V(S·t)= K(Kp/Kl), na que K é o coeficiente de permeabilidade, que depende do material.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación gratuíta editada na Coruña a partir de 1906. Subtitulouse “Revista mensual ilustrada” e o seu propietario e editor foi F. García Ybarra. Serviu como promoción dos obradoiros tipográficos do mesmo nome e tivo unha tiraxe media de 3.000 exemplares. Incluíu crónicas, novas da cidade da Coruña e de poboacións da provincia, poesías e referencias a intelectuais galegos. Destaca pola calidade dos seus fotogravados.
VER O DETALLE DO TERMO