"Argüelles" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Liñaxe de orixe asturiana que se asentou en Galicia. Seguindo a antiga tendencia que procuraba heroes clásicos como fundadores de vilas e familias galegas, hai quen chegou a dicir que provén dos capitáns de Argos que chegaron a España co célebre Astur. Os Argüelles galegos adoitan conservar as armas primitivas: en campo de goles, cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; bordo de ouro, con sete cadros de veiros de azul e prata. Outra variante representa, sobre campo de goles, dúas chaves de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político asturiano, deputado nas Cortes de Cádiz (1812), onde interveu, entre outros, nos debates que trataron a abolición da tortura e a liberdade de imprenta. No 1814 Fernando VII condenouno apenas de cárcere. A Revolución do 1820 liberouno e fíxoo ministro da Gobernación do primeiro Goberno Constitucional (abril de 1820 - marzo de 1821). En 1823 emigrou a Inglaterra ata a morte de Fernando VII. Ao voltar á Península Ibérica, foi nomeado titor de Isabel II e da súa irmá en 1840.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Estudiante de danza na Escola Superior de Madrid, ingresou no Ballet Lírico Nacional en 1984. Traballou baixo a dirección de María de Ávila, Maya Plisetskaya, etc. Desenvolveu un importante traballo fóra de España, que a converteu en primeira figura do Ballet da Ópera de Berlín en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xulio Antón Fernández Argüelles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formado na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona, traballou en Santiago de Compostela dende a década dos anos sesenta, onde formaba equipo con Carlos Almuíña Díaz e Rafael Baltar Tojo. Nesta cidade recóllese gran parte da súa obra: edificio dos xulgados de Santiago, subestación de Fenosa da rúa Galeras, Pavillón do colexio Peleteiro, etc. Interveu tamén en proxectos de rehabilitación e restauración do núcleo histórico compostelán: a rehabilitación do Teatro Principal e do Salón Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Deputado por València ás Cortes de Cádiz, a Xunta Central nomeouno ministro de Facenda, cargo que desempeñou novamente ao inicio do Trienio Constitucional (1820-1823). Exiliado a finais do Trienio, estableceuse en Londres. En 1831 retornou a España onde foi director do Archivo General de Simancas. Publicou Elementos de la ciencia de la hacienda (1825) e Dicionario de Hacienda (1826-1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Comezou a pintar en León, onde realizou a súa primeira exposición individual na Deputación. En 1940 trasladouse a Madrid, onde estudiou naútica, ao tempo que asistía, por libre, á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, ao Círculo de Bellas Artes e, entre outros, ao taller de D. Vázquez Díaz. En 1944 trasladouse a Barcelona, onde coñeceu o informalismo. Compaxinou o seu labor artístico coa profesión de mariño mercante. En 1950 trasladouse á Coruña, onde foi profesor de debuxo (1963). Foi catedrático de Dereito Marítimo (1966) na Escola Superior da Mariña Civil, da que tamén foi director (1968). Traballou o gran formato, a pintura de cabalete e o linóleo, e cultivou o retrato, o bodegón e a paisaxe, mais os seus temas predominantes foron o mar e a muller. As súas obras de temática relixosa amosan un carácter místico que, co emprego dos canons alongados, evocan a El Greco; as paisaxes e bodegóns mostran o coñecemento das vangardas e neles destaca a ambientación esceanográfica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO