"Ariadna" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de muller procedente do grego Ariadne ‘santísima, moi casta’, derivado da forma dialectal cretense adnos, que equivale ao grego hagnós ( ἁ γνός) ‘sacro, casto, puro’, máis o prefixo reforzativo ari-. Tamén podería vir de ari- + adnos ‘moi indómita’. A festa de santa Ariadna de Frixia (s III ou IV) celébrase o 17 de setembro. O fío de Ariadna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega, filla de Minos, Rei de Creta, quen co seu nobelo, axudou o heroe Teseo a saír do labirinto do Minotauro, despois de matar este ao propio monstro. O rolo de fío que lle deu ao heroe foi indicándolle a saída ao camiño polo que entrara ao labirinto.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Estudiou arte dramática e deuse a coñecer na película El complot de los anillos (1987). Posteriormente participou noutros filmes, entre outros, Amo tu cama rica (1991), Belle époque (1992), Los peores años de nuestra vida (1993), Antártida (1995), Libertarias (1996), Segunda piel (1999), Jet Set (2000), El lado oscuro del corazón II (2001) ou El embrujo de Shangai (2002).
VER O DETALLE DO TERMO