"Arquelao" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (413-399 a C) da dinastía dos arxéadas. Fixo construír fortalezas e estradas, reorganizou o exército e orientou Macedonia cara a unha monarquía centralizada de tipo militar. Dedicouse á helenización do seu Reino, onde chamou ao escritor tráxico Eurípides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Herodes o Grande. Foi Tetrarca de Xudea, Idumea e Samaria (4 a C - 6 d C). Destituído polo Emperador Octavio Augusto debido á súa mala administración, foi exiliado ás Galias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista bizantino. Autor dun poema alquímico Sobre a arte sagrada, supostamente presente na célebre obra alquímica Turba Philosophorum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador grego. Discípulo de Anaxágoras, continuou a orientación da escola xónica. A tradición faino mestre de Sócrates, debido a que se ocupaba xa de cuestións morais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral de Mitrídates VI. Conduciu as campañas contra os romanos establecidos en Asia Menor. Sila derrotouno en Queronea (86 a C) e en Orcomen (85 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO