"Arrabal" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Liñaxe de orixe toponímica, procedente dos concellos de Oia e Ponteareas. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de ouro aclarado de azul e, sobre a torre de homenaxe, unha asta de bandeira de prata; e bordo de goles cargado de oito panelas, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, poeta e novelista. En 1954 viaxou a París para ver o Berliner Ensemble, iniciando así a estadía na cidade onde publicou e viu estreados moitos dos seus textos adaptados á lingua francesa. Influenciado polo Surrealismo e o Absurdo, na modalidade que el chama “pánica”, unha boa parte da súa obra, aquela que concibe no autoexilio parisino, destaca pola súa irreverencia, por unha marcada tendencia a reflectir condutas humanas dominadas polo sadismo e por unha permanente exploración do ritual e da cerimonia. Pasou, despois, ao Théâtre Bouffe, a medio camiño entre o vodevil e o absurdo. É autor, entre outras pezas, de Piqué-Nique en campagne (1952), Fando et Lis (1964), L’Architecte et l’empereur d’Assyrie (1967), Volemoi un petit milliard (1977), Le pastuga des loufs ou overture orng-outan (1978) e Punk et Punk et Colégram (1978). Realizou filmes como Viva la muerte! (1971), J’irai comme un cheval fou (1973)...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barrio ou sector dunha cidade situado, polo xeral, fóra do recinto da poboación.

    2. Zona próxima nos arredores dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ao arrabalde.

    2. Habitante dun arrabalde.

    3. Persoa que non ten delicadeza, de mala educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barrio ou sector dunha cidade situado, polo xeral, fóra do recinto da poboación.

    2. Zona próxima nos arredores dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación da santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica da segunda metade do s XII situada na parroquia do mesmo nome. O edificio ten unha única nave da que só se conserva a ábsida rectangular, cuberta por unha bóveda de canón, e os paramentos laterais como exemplos da súa traza románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de 50 xoias de ouro e prata da segunda Idade do Ferro, considerado unha das mellores mostras da ourivería prerromana da submeseta norte e do noroeste da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO