"Arsenio" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Nome procedente do latín Arsenius, e este do grego Arsenios, derivado de arsen ( ἄ ρσην) ‘masculino, viril’. Levaron este nome varios santos como, por exemplo, santo Arsenio o Grande (s V), de Roma, preceptor de Arcadio, fillo do Emperador Teodosio e santo Arsenio de Exipto (s III), mártir en tempos do Emperador Decio. A súa festividade celébrase o 19 de xullo, o 6 de xuño e o 14 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos compostos de arsénico nos que este é trivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi concelleiro (1983-1991) e primeiro tenente-alcalde do concello de Ferrol (1987-1989) polo Partido Popular. Deputado pola Coruña no Congreso na IV, V e VI lexislaturas, dende o 2000 foi delegado do Goberno en Galicia. Foi distinguido coa Gran Cruz ao Mérito Naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Formado nos equipos da súa vila natal, debutou como xogador en primeira división co Real Club Deportivo de La Coruña na tempada 1951-1952, fichando polo Sevilla C. F. (1957), Granada (1958-1963), Real Oviedo (1963-1964) e Albacete Balompié (1964-1965). En 1967 fíxose cargo da dirección técnica do filial deportivista, o Fabril, e tomou o mando do primeiro equipo do Deportivo mediada a tempada 1970-1971, conseguindo o ascenso a primeira división. Adestrou o Hércules de Alacant, Real Zaragoza, Burgos, Elx e Almería, e regresou ao Deportivo (1982-1985), que militaba na segunda división. Na campaña 1987-1988 dirixiu a S. D. Compostela, e na 1988-1989 asumiu novamente a dirección do Deportivo, que salvou do descenso a segunda división B. Na campaña 1988-1989 conseguiu por vez primeira na historia do club herculino alcanzar as semifinais da Copa do Rei, ascendéndoo a primeira división na tempada seguinte, e rematou a tempada 1992-1993 logrando a primeira clasificación da súa historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arsenio Martínez de Campos y Antón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Destacou na Guerra de África, en México (1861-1862), onde loitou ás ordes do xeneral Prim, e en Cuba (1869). En 1872, voltou a España e loitou en Catalunya contra os carlistas e ao ano seguinte en València. Enfrontado co goberno republicano, dimitiu do cargo de capitán xeneral e foi confinado en Mallorca. O 29 de decembro de 1874 pronunciouse en Sagunt en nome de Afonso XII. O colapso do goberno provisional deulle a vitoria e o rei foi proclamado en Madrid. Nomeado capitán xeneral de Catalunya (1874-1886), iniciou a campaña contra os carlistas e marchou a Cuba onde dirixiu a guerra. Despois de derrotar os insurrectos (Paz de Zanjón, 1878), voltou a España e ao ano seguinte formou un goberno. Morto Afonso XII, fixo de mediador entre Cánovas del Castillo e Mateo Sagasta para que asinaran o Pacto de El Pardo (1885). Nomeado de novo capitán xeneral de Catalunya (1890 e 1893), foi xeneral en xefe das forzas de África (1893) e acabou a guerra de Melilla. Capitán xeneral de Castela-A...

    VER O DETALLE DO TERMO