"Artois" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antiga provincia do N de Francia que corresponde, en gran parte, ao departamento de Pas-de-Calais. A capital era Arras. O territorio da Civitas Atrebatensis formou parte durante a Alta Idade Media do Condado de Flandres. Filipe II Augusto de Francia adquiriuna no ano 1191. Por sucesión feminina pasou aos duques de Borgoña (1405), que dominaron o territorio durante máis de dous séculos. O acceso da Casa de Habsburgo á titularidade destes dominios deu lugar á incorporación total de Artois ao Sacro Imperio como parte do conglomerado dinástico e territorial dos Países Baixos, e por conseguinte, dende Carlos I á monarquía hispánica. A política expansionista da monarquía francesa conseguiu a incorporación de Artois pola Paz dos Pireneos (1659), agás Saint-Omer e Aire, que foron incorporados máis tarde pola Paz de Nimega (1678).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurisdición feudal concedida en apanaxe no 1237 por Luís IX de Francia ao seu irmán Roberto (1216-1250). Despois da definitiva incorporación do condado de Artois a Francia, o título de conde de Artois foi concedido a algúns príncipes da familia real francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra polo seu matrimonio con Enrique I (1270). Foi nai de Xoana, casada co Rei Filipe o Fermoso de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO