"Aruba" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
ILLAS
Illa do mar das Antillas, situada fronte á costa de Venezuela (193 km2; 84.000 h [estim 1997]) a 13° de latitude N e 70° de lonxitude O. A principal actividade económica é o refinado de petróleo importado de Venezuela. As principais cidades son Sint Nicolaas, ao S da illa, e a capital, Oranjestad (20.046 h [1991]), no O. Formou parte das Antillas Neerlandesas ata o 1 de xaneiro de 1986, data na que conseguiu a aplicación do estatuto de autonomía. Malia que a independencia estaba prevista para 1996, mantense no ámbito do Reino dos Países Baixos, aínda que de acordo co estatuto de 1986, o seu gobernador ten plenos poderes para os asuntos exteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das simarubáceas, que se caracterizan por presentar a cortiza delgada, amarela cinsenta no tronco e avermellada nas pólas, follas pinnaticompostas, flores pequenas e regulares e froitos formados por núculas.
-
-
Relativo ou pertencente ás simarubáceas.
-
Planta da familia das simarubáceas.
-
Familia de plantas leñosas, da orde das sapindais, con follas xeralmente alternas e pinnaticompostas, flores pequenas, regulares, bisexuais ou unisexuais, tetrámeras ou pentámeras dispostas en acio, e froitos diversos, moitas veces alados. Consta de aproximadamente 200 especies, propias das rexións cálidas.
-