"Arximiro" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Nome procedente do xermánico Erchanmir, composto de ercan ‘nado libre, nobre’ e mers ‘ilustre, brillante’. Segundo outra teoría podería vir tamén de Harjis-meris ‘exército famoso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monxe do que se conta que foi martirizado en Córdoba polos mouros. A festa de santo Arximiro celébrase o 28 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Insurrecto. Membro das Juventudes Libertarias (JJ LL)) e do Centro de Estudios Sociales ‘Resplandor más allá del Abismo’, coa Guerra Civil marchou a Gijón e colaborou na formación da Agrupación Confederal Galaica. Estivo prisioneiro (1937-1940) e formou parte do comité local da CNT clandestina. Detido en 1947, foi condenado a vinte anos de prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e pintor. Especializado no debuxo arquitectónico, cultivou tamén o óleo, a cerámica, a talla en madeira e o gravado. Caracterizouse polo gran dominio técnico, sobre todo do claroscuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico literario e escritor. Coñecido como Miro Villar, colaborou no poemario Ao mar de adentro (1998). Autor de relatos breves como “Augas de silencio” e “Verbas cruzadas con Amaranta”, polos que recibiu o Premio Modesto Figueiredo (1985 e 1987), publicou Ausencias impretéritas (finalista Premio Esquío 1990), 42 décimas de febre (1994) e Abecedario da desolación (1997), e os libros para nenos Carlota, a marmota que non podía durmir (2000) e Carlota e a bota perdida (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO