"Assur" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade asiria, capital do Imperio Asirio durante o II milenio a C, sita na beira dereita do Tigris. Dende o s IX a C foi desprazada por Nimrud (ou Kala ẖ ) e Nínive, pero conservou o carácter de cidade sagrada cunha poderosa clerecía. No seu xacemento arqueolóxico fixéronse importantes descubertas, como as do templo de Assur, o de Ištar, o duplo templo de Adad e Anu, e varias construcións de tipoloxía palaciana. A cidade foi destruída polos medas no 614 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do deus epónimo do estado asirio. Divindade guerreira, guía nas batallas e dispensador da vitoria. De forma antropomorfa, adoitábase representar cos símbolos da monarquía asiria ou con armas na man. O seu santuario principal estaba na cidade de Assur. A súa representación e os seus títulos foron atribuídos posteriormente polos persas ao seu deus Ahura Mazdā.
-
PERSOEIRO
Conde de Monzón de Campos (944-947) e de Castela (943-947), fillo de Fernando Ansúrez, conde de Castela. Actuou ao lado de Fernán González cando este era conde de Lara. Participou na Batalla de Simancas (933) co rei leonés Ramiro II, quen o nomeou conde de Monzón de Campos. Ao ser feito prisioneiro Fernán González, recibiu o condado de Castela como conselleiro e preceptor de Sancho, o conde nominal.
VER O DETALLE DO TERMO